Escola de Cerámica

A Escola de Cerámica de Sargadelos serve ao desenvolvemento da tecnoloxía e deseño cerámicos nas xuntanzas internacionais que organiza en Cervo (Lugo) nos meses de verán; e promove a devulgación das Artes Cerámicas entre os escolares en O Castro (A Coruña) durante todo o ano.

Presentación do Taller Internacional de Cerámica 2008 a cargo de Rogelio Conde-Pumpido






Sargadelos convértese no centro da creatividade e da innovación do sector cerámico nos meses de verán, cando reúne aos mellores representantes internacionais na sede de Cervo (Lugo) da súa Escola de Cerámica.

Desde 1972, Sargadelos vene acollendo as experiencias de tecnoloxía cerámica e escola libre de máis de dous mil profesionais que, empregando materiais e medios técnicos industriais, desenvolven creacións vencelladas ao entorno cultural de Sargadelos, e participan nas actividades complementarias da Escola.

A Escola de Cerámica de Sargadelos dedícase tamén na súa sede de O Castro (A Coruña), á formación dos escolares nas técnicas e artes cerámicas.